A violencia de xénero ou a pobreza, asuntos esquecidos pola Xunta nos seus orzamentos segundo Cidadáns

Pontevedra
21 de outubro 2017

María Rey, concelleira de Cidadáns en Pontevedra si valora positivamente que o goberno autonómico "puxo as pilas con Pontevedra en materia investidora, despois de anos dunha intervención nula"

María Rey, no pleno municipal
María Rey, no pleno municipal / Mónica Patxot

A concelleira de Cidadáns en Pontevedra, María Rey, valorou o proxecto de orzamentos da Xunta de Galicia para 2018 como "unha declaración de intencións maquillada para seguir nutrindo unha Administración excesivamente dimensionada"

Rey entende como positivo que o goberno autonómico "puxo as pilas con Pontevedra en materia investidora, despois de anos dunha intervención nula", pero critica que "hai excesivas partidas para excesivas axencias e ningunha para o plan de transporte por estrada".

Ademais asegura que o tramo impositivo sobe un 1,4% porque a baixa de impostos directos queda absorvida polos impostos indirectos.

Por outra banda María Rey entende que os grandes olvidados nos orzamentos son "a loita contra a violencia de xénero e o plan contra a pobreza", que se suman á política impositiva co cobro do céntimo sanitario no seu tramo máis elevado e o cobro do IBI a inquilinos que contan con aluguer social.