A Virxe de Fátima volve a Pontevedra

Pontevedra
07 de xuño 2017

A parroquia de San Xosé e o Santuario das Aparicións reciben este mércores á Virxe Peregrina de Fátima. Trátase dunha das réplicas da nosa Señora de Fátima que se venera na basílica portuguesa, que xa visitou Pontevedra en numerosas ocasións aínda que esta vez trátase dunha data tan sinalada como o centenario das aparicións de Fátima que provocou a visita do Papa Francisco o pasado día 12 de maio ao santuario portugués

Chegada da imaxe da Virxe de Fátima á igrexa de San Xosé de Campolongo / PontevedraViva

A parroquia de San Xosé e o Santuario das Aparicións reciben este mércores á Virxe Peregrina de Fátima.

Trátase dunha das réplicas da nosa Señora de Fátima que se venera na basílica portuguesa, que xa visitou Pontevedra en numerosas ocasións aínda que esta vez trátase dunha data tan sinalada como o centenario das aparicións de Fátima que provocou a visita do Papa Francisco o pasado día 12 de maio ao santuario portugués.

Numerosos fieis recibiron ás once desta mañá á imaxe, que chega á Boa Vila seguindo o periplo que lle levou pola Catedral de Santiago, A Coruña e Vimianzo e que este xoves rematará en Cangas, que será a última localidade de Galicia antes de que siga a súa peregrinación cara Valladolid.

Tal e como explicou o delegado diocesano, a peregrinación da Virxe de Fátima é algo que se realiza todos os anos, aínda que nesta ocasión e con motivo do centenario quíxose realizar algo con máis relevancia e acordouse o traslado da imaxe por todas as dioceses de España.

En Pontevedra está prevista a celebración de oficios relixiosos e unha procesión coa Virxe Peregrina de Fátima que sairá desde a igrexa de San Xosé, no barrio de Campolongo, ata o Santuario das Aparicións, onde, segundo a Igrexa, aparecéuselle a Virxe a Sor Lucía.