Dende hai anos a Policía Local de Pontevedra ven traballando en labores preventivas de venta e consumo de drogas nos espazos públicos e con maior esforzo na contorna dos centros escolares, especialmente nos Institutos de bacharelato e Formación Profesional.
Algunhas das intervencións rematan coa intervención directa da Policía Local e outras, por súa envergadura ou posibles ramificacións, son postas en coñecemento da Policía Nacional e nalgúns casos concluíron con grandes aprensións de drogas e detencións, tanto dentro como fóra do municipio.
As drogas son fáciles de conseguir e aportan grandes beneficios ós que as venden, polo tanto pretendese disuadir a quen se dedica a elas procurando que se vexa que eses actos poden ter serias consecuencias.
Segundo os datos oficiais da Memoria da Policía Local de Pontevedra, froito dos controis preventivos levados a cabo durante este ano 2014 obtivéronse os seguintes resultados:
- 101 denuncias por consumo ou tenencia de drogas na vía pública (denuncias por tenencia 78. Por consumo 23)
- 18 imputados por tráfico de drogas
- 11 imputados non detidos
- 7 imputados detidos
INCAUTACIÿN DE DROGAS E OUTROS
- 1.663 gramos de haxix
- Cocaína 179 gramos
- Heroína 30 gramos
- Plantas marihuana 141
- Marihuana 150 gramos
Entre os operativos de vixianza, especialmente na venta de drogas na vía pública, destaca :
- Ante alarma social con reiteradas queixas dos veciños sobre grupos de persoas que xúntanse na praza da Ferrería, especialmente na fonte, a Policía Local, ao longo do ano 2013, levou a cabo tres operativos nesta zona co fin de erradicar un punto de venta e consumo de drogas, no ano 2014 continuáronse con estes operativos, ata en catro ocasións (27/03/2014; 31/03/2014; 10/04/2014 e 25/09/2014) e na que se imputaron a seis persoas por tráfico de drogas.
- Imputación dun mozo de 18 anos de idade que suministraba habitualmente nas inmediacións dos centros escolares. Nun dispositivo de vixianza se constatou a presenza de numerosos menores de idade, preto do seu domicilio, que mercaban as substancias estupefacientes.
- Varias operacións co Grupo de Tráfico Medio do Corpo Nacional de Pontevedra.