A volta ao cole ten premio no comercio local de Pontevedra

Pontevedra
01 de setembro 2020

O CCU Zona Monumental entregará papeletas aos clientes que compren material escolar nos locais adheridos para participar no sorteo de dez iPads.

CCU ZOna Monumental inicia a súa campaña comercial de volta ao cole
CCU ZOna Monumental inicia a súa campaña comercial de volta ao cole / CCU Zona Monumental

A campaña de volta ao cole xa está en marcha na Asociación Centro Comercial Urbano Zona Monumental de Pontevedra. Desde o 1 ao 15 de setembro, a compra de material escolar nos comercios da zona vella da cidade teñen premio.

Co obxectivo de incentivar o consumo entre os veciños, o colectivo de comerciantes entregará unha papeleta aos compradores para participar no sorteo de dez iPads. 

O sorteo terá lugar o día 17 de setembro ás 13 horas na sede da asociación.