A voz dos pacientes con ostomías chega dende Bruxelas ao consistorio pontevedrés

Pontevedra
28 de decembro 2023

O alcalde de Pontevedra e a concelleira de Servizos Sociais recibían a Ángela Paz, presidenta de ASSEII, e a Rosa Piñeiro, socia da entidade, que vén de participar en Bruxelas nun seminario europeo de formación sobre condicións de saúde íntima relacionadas con ostomías e incontinencias

Ángela Paz, Rosa Piñeiro e Anabel Gulías
Ángela Paz, Rosa Piñeiro e Anabel Gulías / Mónica Patxot

O alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores, e a concelleira de Servizos Sociais, Anabel Gulías, recibiron este mércores na Casa Consistorial a Ángela Paz, presidenta de ASSEII (Asociación Socio Sanitaria Educativa Inflamatoria Intestinal y Ostomizad@s) e a Rosa Piñeiro, socia da entidade.

Piñeiro vén de participar en Bruxelas nun seminario europeo de formación sobre condicións de saúde íntima relacionadas con ostomías e incontinencias.

O alcalde felicitou á entidade por esta participación no foro internacional e pola proxección que supón para Pontevedra e para a asociación.

ASSEII é unha asociación sen ánimo de lucro que ten como principal preocupación a defensa dos dereitos e da calidade de vida das persoas con Enfermidades Inflamatorias Intestinais (Crohn e Colite Ulcerosa) e Enfermidades Ostomizadas, as súas familias e o seu entorno social. Creouse en 2013 na cidade de Pontevedra.

Engade Pontevedra Viva como fonte preferida de Google de balde

Mantente informado coas últimas noticias de actualidade.

Activar agora