A WiFi pública da praza de España de Ponte Caldelas suma 63 usuarios nunha fin de semana

Ponte Caldelas
18 de abril 2019

O tempo medio de conexión dos usuarios foi de 38 minutos, por debaixo dos 60 minutos máximos permitidos polo sistema, e o 68% das conexións fixéronse dende teléfonos ou tabletas con sistema operativo Android. Un 26% dos usuarios tiñan dispositivos IOS e o 6% restante conectáronse desde ordenadores persoais

Instalación da rede WiFi na Praza de España de Ponte Caldelas
Instalación da rede WiFi na Praza de España de Ponte Caldelas /

Un total de 63 usuarios conectáronse á nova WiFi municipal da praza de España e a Alameda de Ponte Caldelas durante a súa primeira fin de semana de funcionamento.

Segundo a información facilitada polo Concello de Ponte Caldelas, as 63 conexións correspondéronse con 63 dispositivos distintos, una cifra que superou as expectativas municipais.

O tempo medio de conexión dos usuarios foi de 38 minutos, por debaixo dos 60 minutos máximos permitidos polo sistema, e o 68% das conexións fixéronse dende teléfonos ou tabletas con sistema operativo Android. Un 26% dos usuarios tiñan dispositivos IOS e o 6% restante conectáronse desde ordenadores persoais.

O Concello considera que o balance é exitoso, en especial tendo en conta que foi unha fin de semana con mal tempo e que chegou só un día despois do acendido da nova rede 'Ponte Caldelas está de moda!'. 

A rede WiFi só esixe da introdución dun enderezo electrónico, nome e apelidos. Só se permite unha conexión diaria e o ancho de banda máximo que se pode lograr é de 5 megas, dependendo do número de usuarios conectados á vez.

Na praza de España xa hai tamén cargadores USB para móbiles nos bancos.