A xestión e innovación do CHOP nomeada aos premios New Medical Economics

Pontevedra
14 de agosto 2020

Entre a documentación presentada inclúese un informe global sobre os seus resultados en Galicia en referencia á xestión e atención coa COVID19

Fachada principal do Complexo Hospitalario Universitario de Pontevedra en Montecelo
Fachada principal do Complexo Hospitalario Universitario de Pontevedra en Montecelo

A revista especializada no sector sanitario New Medical Economics seleccionou como nomeada a dous dos seus galardóns ao Complexo Hospitalario Universitario de Pontevedra, concretamente nas categorías de hospital público con mellor xestión e promoción da innovación.

O centro pontevedrés presentouse á convocatoria - por unha banda -, cun informe global sobre os seus resultados en Galicia en referencia á xestión e atención coa COVID19; e tamén reflectindo que esta área sanitaria contaba coas menores demandas asistenciais no territorial nacional desde fai dez anos.

Doutra parte, no que respecta a o nomeamento de promoción da innovación, concorreu dando conta de iniciativas como os plans terapéuticos en cronicidade, os plans de atención multidisciplinar das enfermidades neurolóxicas crónicas avanzadas; o proxecto hospital cardioprotexido; a implantación de salas de lactación materna; programas de coidado da saúde dos profesionais; apoio de voluntariado para persoas con carencias na Rede Social de Apoio; ou a creación dunha sala de innovación, entre outros.

New Medical Economics convoca anualmente estes recoñecementos cos que recoñece a hospitais e centros sanitarios españois que velan pola excelencia na atención ao paciente, así como o traballo dos seus profesionais.

O Complexo Hospitalario Universitario de Pontevedra compite nesta selección de candidaturas con centros como o Gregorio Marañón, La Paz ou o San Carlos de Madrid; o Hospital Valdecilla de Santander, ou a Vall d' Hebrón de Barcelona.