A Xunta acometerá obras en oito centros educativos de Pontevedra

Pontevedra
01 de setembro 2017

As obras nos centros de Primaria centraranse en mellora da accesibilidade, reforma de aseos, sistemas de iluminación e eficiencia enerxética

César Pérez Ares, xefe territorial de Educación, e José Manuel Cores Tourís, delegado territorial da Xunta
César Pérez Ares, xefe territorial de Educación, e José Manuel Cores Tourís, delegado territorial da Xunta / Cristina Saiz

O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, anunciou obras en oito centros da capital. Son a EEI Concepción Crespo Rivas, o CEIP A Xunqueira I, o CEIP Álvarez Limeses, o CEIP de Marcón, o CEIP Manuel Vidal Portela e o CEIP Vilaverde.

"En total, destinaremos a estes centros 704.991 euros, aos que debemos sumar tamén os traballos de saneamento do ximnasio do IES Xunqueira I e a instalación do novo transformador eléctrico do IES de Montecelo", matizou o delegado territorial.

As obras nos centros de Primaria centraranse en mellora da accesibilidade, reforma de aseos, sistemas de iluminación e eficiencia enerxética. 

Deste xeito, destinaranse 60.132 euros a reforma de fiestras e eficiencia enerxética no EEI Concepción Crespo Rivas; 50.000 a obras de accesibilidade e reforma da instalación eléctrica no CEIP Xunqueira I; 31.000 euros a renovación dos aseos do andar superior do CEIP Álvarez Limeses; 10.000 a reposición do pavimento do comedor no CEIP de Marcón e 33.150 euros para a nova iluminación led do CEIP Manuel Vidal Portela. 

"En total, xunto ás obras que se realizarán no CEIP Vilaverde Mourente, estamos a falar dun investimento que este ano superará os 705.000 euros nos colexios da cidade do Lérez", especificou José Manuel Cores Tourís.