A Xunta alerta dun temporal por choiva de nivel vermello en Pontevedra

Pontevedra
16 de outubro 2014

Recordase a necesidade de extremar as precaucións e seguir as medidas de protección pertinentes

Unha moza cun chubasqueira baixo a choiva
Unha moza cun chubasqueira baixo a choiva / Juan Mejuto

A Dirección Xeral de Emerxencias e Interior informa que a Axencia Estatal de Meteoroloxía (AEMET) acaba de elevar a nivel vermello de alerta o temporal por choiva no interior da provincia de Pontevedra.

Segundo previsións da Axencia Estatal de Meteoroloxía (AEMET), a través da delegación territorial de Galicia, no día de hoxe esperase choivas de ata 120 milímetros de precipitación acumulada en 12 horas o que significa nivel vermello, tendo previsto que ao longo da tarde pase a nivel laranxa.

Ademais, a Axencia Estatal de Meteoroloxía informa tamén dunha alerta laranxa por choivas na zona do Miño e Rias Baixas na provincia de Pontevedra; centro da provincia de Lugo; e noroeste e Miño da provincia de Ourense, pudendo acadarse os 80-100 milímetros de precipitación acumulada en 12 horas.

Co fin de garantir a seguridade dos bens e as persoas, a Dirección Xeral de Emerxencias e Interior, a través do Centro de Atención ás Emerxencias 112 Galicia, informou da situación de meteoroloxía adversa aos concellos afectados, aos bombeiros e a Protección Civil, entre outros.

Tamén se recorda á poboación a importancia de seguir as medidas de protección pertinentes, e aconséllase consultar a páxina web do CAE 112 (www.112galicia.org), que conta con información meteorolóxica e con enlaces de interese.