A Xunta anuncia a licitación da segunda fase de ampliación do Carlos Oroza

Pontevedra
16 de xuño 2016

Segundo consta na convocatoria no prazo de dous meses deberanse acondicionar a segunda planta do Carlos Oroza "uns novos talleres de panadería-pastelería e repostería, xa que os espazos existentes na edificación orixinal teñen unha altura libre moi limitada"

CIFP Carlos Oroza
CIFP Carlos Oroza / Mónica Patxot

O Diario Oficial de Galicia deste mércores 15 de xuño publica o anuncio da licitación, mediante procedemento aberto da obra de reforma e ampliación do CIFP Carlos Oroza.

Trátase da segunda fase desta ampliación comprometida pola Consellería de Educación e que ten un importe total de 312.175 euros.

Segundo consta na convocatoria no prazo de dous meses deberanse acondicionar a segunda planta do Carlos Oroza "uns novos talleres de panadería-pastelería e repostería, xa que os espazos existentes na edificación orixinal teñen unha altura libre moi limitada".