O Diario Oficial de Galicia deste mércores 15 de xuño publica o anuncio da licitación, mediante procedemento aberto da obra de reforma e ampliación do CIFP Carlos Oroza.
Trátase da segunda fase desta ampliación comprometida pola Consellería de Educación e que ten un importe total de 312.175 euros.
Segundo consta na convocatoria no prazo de dous meses deberanse acondicionar a segunda planta do Carlos Oroza "uns novos talleres de panadería-pastelería e repostería, xa que os espazos existentes na edificación orixinal teñen unha altura libre moi limitada".