O xefe territorial de Presidencia en Pontevedra, Ramón Pereiro, anunciou a posta en marcha proximamente de obras de mellora de eficiencia enerxética na Audiencia Provincial de Pontevedra que permitirán a reparación da carpintería de madeira deste edificio así como a climatización do baixo cuberta, cun orzamento de 20.000 euros.
Estas obras se atopan incluídas no plan de eficiencia e aforro 2016-18 que ten coma obxectivo optimizar o aproveitamento enerxético dos edificios xudiciais de toda Galicia.
Ramón Pereiro visitou este mércores os xulgados de A Parda para coñecer tecnicamente as obras realizadas neste edificio que permitiron gañar novos espazos para Fiscalía e o departamento de Psicoloxía.
En concreto, destináronse a estas instalacións na cidade do Lérez un total de 12.000 euros que permitiron a división de despachos para os psicólogos, así como a creación de novos despachos para Fiscalía.