A Xunta asegura que "non hai cambios" no Avelino Montero

Pontevedra
07 de xullo 2017

A directora xeral de Familia da Xunta, Amparo González, asegurou este venres que "non hai cambios" no Centro de Menores Avelino Montero de Pontevedra

Centro de menores Avelino Montero
Centro de menores Avelino Montero / Mónica Patxot

A directora xeral de Familia da Xunta, Amparo González, asegurou este venres que "non hai cambios" no Centro de Menores Avelino Montero de Pontevedra.

Nunha comparecencia de prensa, Amparo González referiuse á denuncia do secretario intercomarcal de UXT en Pontevedra e Arousa, Ramón Vidal, sobre as "propostas de peche e privatización de servizos" da Xunta para este centro.

UXT asegurou que a xefatura territorial da Consellería de Política Social xa lles tiña confirmado o peche do servizo de cociñas, unha decisión que rexeitan as traballadoras.

Este venres a directora xeral de Familia afirmou que "desde a Xunta de Galicia e en concreto desde a Consellería de Política Social non vai haber ningún cambio respecto do que estamos a facer, a cociña vai seguir con servizo propio".

Amparo González engadiu que "o que queremos é garantir a estabilidade e a tranquilidade dos traballadores e como non, sempre garantir o benestar dos nosos menores".

Insistiu a directora xeral en que "non hai cambios todo sigue como sempre" e evitou contestar sobre a decisión de peche que a xefatura territorial trasladou ao persoal de cociñas "non vou entrar", limitouse a dicir.