A Xunta asegura que os composteiros comunitarios precisan unha autorización para a súa instalación

Pontevedra
22 de marzo 2018

A través dunha pregunta formulada no Parlamento de Galicia, o voceiro do PP en Pontevedra e deputado autonómico, Jacobo Moreira, interesouse pola autorización necesaria para a instalación de composteiros comunitarios

A Directora Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático, Cruz Ferreira Costa
A Directora Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático, Cruz Ferreira Costa / Xunta

A Directora Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático, Cruz Ferreira Costa, confirmou que para a instalación de composteiros comunitarios é preciso contar cunha autorización medioambiental, que o Concello de Pontevedra non ten solicitado.

A través dunha pregunta formulada na Comisión de Ordenación Territorial, Obras Públicas, Medio Ambiente e Servizos do Parlamento de Galicia, o voceiro do PP en Pontevedra e deputado autonómico, Jacobo Moreira, interesouse pola autorización necesaria para a instalación de composteiros comunitarios.

E Cruz Ferreira respostou que é preciso contar con esta autorización xa que se trata dunha actividade de xestión de residuos.

Así mesmo, non consta na Xunta de Galicia que o Concello de Pontevedra teña cursada ningunha solicitude para a obtención desta autorización medioambiental necesaria para a instalación destes composteiros comunitarios que xa están implantados en diversos lugares do municipio.

 

Engade Pontevedra Viva como fonte preferida de Google de balde

Mantente informado coas últimas noticias de actualidade.

Activar agora