A Xunta dá por rematadas as obras de mellora da PO-235 entre Antas e Seixido

A Lama
01 de decembro 2020

A conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez, comprobou este martes a finalización dunhas obras que melloran a seguridade viaria nun tramo de 5 quilómetros desta estrada que cruza o Concello da Lama

Ethel Vázquez, conselleira de Infraestruturas, comproba o remate das obras na PO-235 na Lama
Ethel Vázquez, conselleira de Infraestruturas, comproba o remate das obras na PO-235 na Lama / Xunta de Galicia

A conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez, comprobou este martes a finalización das obras de mellora na estrada PO-235 ao seu paso polo Concello da Lama na que se reforzou a seguridade viaria nun tramo de 5 quilómetros entre Antes e Seixido.

A falta de pequenos detalles para o seu remate, a obra consistiu na ampliación da calzada ata os 6,5 metros de ancho con dous carrís de tres metros e beiravías. Ademais, foron rectificadas unha ducia de curvas, que hora teñen un radio menor. Tamén se perfilaron varios noiros, executáronse cunetas transitables e estendeuse unha nova capa de rodadura naquelas zonas onde era necesaria. 

Os traballos comezaron no mes de marzo cun orzamento de 1,5 millóns e súmanse ás obras xa ejecutdas no 2018. Ademais, a conselleira avanzou que xa se atopa en fase de redacción unha terceira fase de actuación que permitirá completar o acondicionamento da estrada ata o final do termo municipal da Lama.