A Xunta declara loito oficial durante todo o mes de maio polas vítimas do coronavirus

Pontevedra
30 de abril 2020

O presidente asegura que Galicia e o seu sistema sanitario atópanse nunha posición sólida para afrontar as próximas fases da pandemia

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijoo, anuncia a declaración de loito oficial durante o mes de maio polas vítimas do coronavirus
O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijoo, anuncia a declaración de loito oficial durante o mes de maio polas vítimas do coronavirus / Xunta de Galicia

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijoo, anunciou este xoves a decisión de render homenaxe ás vítimas falecidas polo coronavirus e ás súas  familias co decreto de loito oficial na Comunidade Autónoma de Galicia durante todo o mes de maio. “É o momento de render unha homenaxe a todas as vítimas e de honralas como merecen”, aseverou durante  unarueda de prensa incidindo en que este loito oficial representa o respecto á súa memoria e aos seus familiares.

Ao longo da súa intervención, Feijóo referiuse tamén ao informe da Consellería de Sanidade sobre a evolución da pandemia en Galicia e a situación do sistema sanitario galego de fronte ao proceso de reactivación social e económica. O mandatario sostén que Galicia afronta un momento clave desta pandemia cuns indicadores epidemiolóxicos e cunha capacidade sanitaria que a sitúan nunha posición sólida.

“Estamos preparados para iniciar a reactivación económica porque entendemos que cumprimos as condicións, pero non o podemos asegurar con certeza porque non sabemos aínda cales son as condicións que temos que cumprir para pasar á fase 1 do que o Goberno central chama  desescalada”, criticou. “Non podemos seguir sen concretar cales son os criterios fundamentais que se van a aplicar; criterios obxectivos,  constatables e contrastados, para pasar da fase da  discrecionalidad á fase das certezas”, abundou.