A Xunta desbloquea o proxecto de ampliación do Campiño

Pontevedra
29 de xaneiro 2024

A vicepresidenta segunda e conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, anunciou este luns nunha visita ao parque empresarial pontevedrés que o goberno autonómico investirá máis de 260.000 euros na redacción do plan estructurante de ordenación de solo empresarial (PEOSE) para a urbanización da ampliación do Campiño, desbloqueando por tanto a tramitación do proxecto

Visita de Ángeles Vázquez ao parque empresarial do Campiño
Visita de Ángeles Vázquez ao parque empresarial do Campiño / Xunta de Galicia

A tramitación do proxecto de ampliación do parque empresarial do Campiño desbloquéase.

Así o anunciou nunha visita ao polígono indiustrial pontevedrés a vicepresidenta segunda e conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, confirmando que o goberno autonómico investirá máis de 260.000 euros na redacción do plan estructurante de ordenación de solo empresarial (PEOSE) para a urbanización da ampliación do Campiño, tal e como pubica este luns a plataforma de contratos públicos de Galicia.  

"Despois da planificación que fixo a Xunta de Galicia para os próximos anos e despois de ter aprobado con modificacións o plan sectorial de áreas empresariais de Galicia e da análise realizada, vimos a ben que tiñamos que ampliar este polígono industrial no cal xa non temos parcelas á venda", explicou a conselleira.

Esta actuación "vai a supoñer unha ampliación de máis de 300.000 metros cadrados", segundo Vázquez. 

Este documento, xunto co proxecto de urbanización, definirá o número de parcelas e o seu tamaño, as prazas de aparcamentos ou as zonas verdes a desenvolver, entre outras cuestións.

"En dez ou doce meses os propietarios que queiran optar a solo neste polígono poderán saber onde poderían situarse e as condicións", sinalou a conselleira.

Ademais, este proxecto complementará o solo industrial dispoñible na coñecida como central de transportes e no parque empresarial da Reigosa, ambos en Ponte Caldelas.

A titular de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda reiterou que "temos que seguir impulsando" este polígono, xa que sumadas estas tres áreas, é "un dos grandes polígonos de Galicia" con máis dun millón de metros cadrados de superficie.

O mundo empresarial, segundo Ángeles Vázquez, "está a moverse moito" e as compañías diríxense á administración "e pregúntannos as características" do chan dispoñible e, en función diso, "vanse situando" e no Campiño "agora non tiñamos opción para eles".

"Si tivemos con conversacións con empresas que querían optar a solo na zona, por tanto entre a demanda dos actuais propietarios e estas conversacións viamos prioritario facer esta ampliación", subliñou Vázquez.

Segundo explicou, o goberno galego as empresas interesadas en participar na licitación e acceder ao contrato teñen de prazo ata o próximo 4 de marzo para presentar as súas propostas. A duración do contrato, que engade tanto os prazos de execución como os necesarios para a tramitación da documentación, estímase en 16 meses.