A Xunta e o Concello de Sanxenxo falarán o luns da rexeneración da praia da Carabuxeira

Sanxenxo
11 de decembro 2019

Este luns 16 de decembro volverán reunir en Sanxenxo, representantes de Portos de Galicia, da Delegación de Costas e do Concello para tratar de avanzar no proxecto de rexeneración da praia da Carabuxeira

Xuntanza en Sanxenxo pola praia da Carabuxeira Concello de Sanxenxo

Este luns 16 de decembro volverán reunir en Sanxenxo, representantes de Portos de Galicia, da Delegación de Costas e do Concello para tratar de avanzar no proxecto de rexeneración da praia da Carabuxeira.

O proxecto, valorado en 1.929.914 euros, está a someterse á avaliación medio ambiental da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático da Xunta de Galicia.

O Concello remitiu en setembro o proxecto coas correccións que solicitara a Dirección Xeral de Costas, da Xunta de Galicia.

Inclúe unha achega de 24.500 metros cúbicos de area, a construción de diques para evitar que as correntes volvan levar a area e a mellora da fachada marítima coa construción dun paseo marítimo de 360 metros.

Recentemente Nauta contratou por 7.000 euros un estudo para saber se a area que perdeu a praia atópase enfronte da mesma e se sería posible a súa recuperación.

Mentres tanto un grupo de veciños de Sanxenxo constituíu unha Plataforma para impulsar a recuperación da praia da Carabuxeira e leva reunidas máis de tres sinaturas en apoio a esta iniciativa.