A Xunta financia obras de saneamento en Viascón

Cerdedo-Cotobade
20 de setembro 2017

O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda asinou un convenio de colaboración co alcalde de Cerdedo-Cotobade, Jorge Cubela por importe de 70.000 euros destinado ás obras de saneamento

Xosé Balseiros, Alfonso Rueda, Jorge Cubela e José Manuel Cores
Xosé Balseiros, Alfonso Rueda, Jorge Cubela e José Manuel Cores / Xunta

O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda asinou un convenio de colaboración co alcalde de Cerdedo-Cotobade, Jorge Cubela por importe de 70.000 euros, destinados ás obras de saneamento de Bouza-Costa-Cuiñas, en Viascón, ao abeiro da orde de axudas aos concellos, en réxime de concorrencia competitiva, cofinanciadas polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader).

A orde ten como obxectivo conseguir ou recuperar un óptimo nivel de funcionamento das infraestruturas municipais, de forma que os concellos poidan prestar servizos de calidade á veciñanza con independencia do seu lugar de residencia.

Así, o goberno galego presta un apoio ás facendas municipais, que precisan da creación ou mellora das infraestruturas para a adecuada prestación dos servizos municipais.

O concello de Cerdedo-Cotobade nesta último ano recibe máis dun millón de euros ao abeiro da orde do Fondo de Compensación Ambiental, da orde de Infraestruturas e do Fondo de Fusións, do cal recibe preto de 900.000 euros.