A Xunta inviste 49.000 euros para mellorar o vial que une Lourido e a AP-9

Poio
12 de setembro 2019

Trátase dun itinerario de 400 metros de lonxitude que empeza na rotonda de acceso a Lourido e termina preto do acceso á autoestrada. Levarase a cabo unha mellora dos pasos de peóns e a instalación de 14 novas luminarias

Reunión pola reforma do vial que une a rotonda de Lourido coa AP-9
Reunión pola reforma do vial que une a rotonda de Lourido coa AP-9 / Xunta de Galicia

O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, reuniuse durante a mañá deste xoves cos representantes da plataforma de veciños de PO-309, aos que lle informou sobre a próxima adxudicación da obra de mellora deste vial que enlaza Lourido coa autoestrada AP-9.

Trátase dun itinerario de 400 metros de lonxitude que empeza na rotonda de acceso a Lourido e termina preto do acceso á autoestrada.

Ante a pouca iluminación e o mal estado dos pasos de peóns, levará a cabo unha mellora dos mesmos e a instalación de 14 novas luminarias. Ademais, estenderase unha senda por unha banda dos carrís de maneira que os peóns poderán ir andando con maior seguridade. 

A obra, que comezará en outubro, roldará o 49 mil euros e está enmarcada dentro da estratexia en materia de mobilidade alternativa na comarca de Pontevedra da Axencia Galega de Infraestruturas, que ten como obxecto indentificar e planificar os tramos de senllas peonís ou ciclistas necesarias para mellorar a mobilidade sustentable nesta comarca.