A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade publica este luns na Plataforma de Contratos da Xunta de Galicia a licitación das obras da segunda fase de mellora na estrada autonómica PO-235 ao seu paso polo Concello da Lama, por un investimento de máis de 1,5 millóns de euros.
As empresas interesadas na execución deste contrato teñen de prazo ata o 2 de setembro para presentar as súas ofertas.
Esta actuación, que dispón dun prazo de execución de 8 meses, dará continuidade ao tramo de máis de 2 quilómetro rematado en outubro do 2018.
A nova intervención comprende actuacións en dous subtramos que suman máis de 5 quilómetros e inclúen a ampliación da plataforma da estrada ata acadar os 6,5 metros e a rectificación de curvas, entre outros traballos.
Estes traballos dan continuidade aos acometidos na primera fase de mellora desta estrada ao seu paso polo municipio pontevedrés, sumando un investimento que supera os 2,1 millóns de euros.