A Xunta ofrece colaboración ao Goberno de España para as obras de saneamento da Illa de Arousa, Sanxenxo e Poio

Pontevedra
14 de xaneiro 2020

A Xunta de Galicia propúxolle ao Goberno de España un acordo global de colaboración para impulsar conxuntamente as obras de saneamento máis prioritarias para a Comunidade autónoma

Reunión da conselleira de Infraestruturas co secretario de Estado de Medio Ambiente
Reunión da conselleira de Infraestruturas co secretario de Estado de Medio Ambiente /

A Xunta de Galicia propúxolle ao Goberno de España un "acordo global de colaboración" para impulsar conxuntamente as obras de saneamento máis prioritarias para a Comunidade autónoma.

A conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez, mantivo este martes unha xuntanza co secretario de Estado de Medio Ambiente, Hugo Morán, na que abordaron a situación das principais necesidades en materia de augas en Galicia.

A conselleira trasladou a disposición da Xunta a colaborar economicamente, achegando fondos propios da Comunidade Autónoma, para cofinanciar as actuacións de saneamento declaradas de interese xeral do Estado, como son as obras da Illa de Arousa, e de Raxó (Poio) e Sanxenxo.

Ademáis a conselleira solicitou a colaboración do Ministerio para a Transición Ecolóxica na tramitación necesaria para construír o novo emisario submarino da depuradora de Pontevedra e facilitar o saneamento da ría.

A Xunta achegaría fondos propios para cofinanciar as obras de interese xeral do Estado en Galicia e o Goberno colaboraría con fondos europeos do treito estatal a impulsar outras actuacións igualmente necesarias na Comunidade. Este acordo permitiría aproveitar os fondos Feder do actual período operativo dos que dispón o Estado para atender necesidades de saneamento urxentes e que dispoñen de proxectos para executarse a curto prazo.

A Xunta confirma o seu compromiso co cofinanciamento das obras da depuradora de Santiago de Compostela, e avoga por concretar os termos nun acordo de colaboración. Ethel Vázquez solicita que o abastecemento de auga a Vigo sexa declarado de interese xeral do Estado, seguindo o modelo de Pontevedra e Ourense, para dotalo de plenas garantías de financiamento. Reitera a demanda de que se liciten o antes posible as obra de dragaxe da ría do Burgo.

 

Engade Pontevedra Viva como fonte preferida de Google de balde

Mantente informado coas últimas noticias de actualidade.

Activar agora
Arquivado en