A Xunta porá en marcha unha campaña de loita contra o plumacho da Pampa e a unlla de gato

Pontevedra
12 de xullo 2017

A directora xeral de Patrimonio Natural, Ana Díaz, anunciou este mércores que a Xunta de Galicia porá marcha unha campaña para a erradicación das especies exóticas invasoras, nunha actuación cofinanciada polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) que ten un orzamento que ascende aos 90.000 euros

Herba da Pampa

A directora xeral de Patrimonio Natural, Ana Díaz, anunciou este mércores que a Xunta de Galicia porá marcha unha campaña para a erradicación das especies exóticas invasoras, nunha actuación cofinanciada polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) que ten un orzamento que ascende aos 90.000 euros.

A campaña comezará o vindeiro mes de agosto e pretende eliminar as plantas coloquialmente coñecidas como plumacho da Pampa e unlla de gato, en diferentes espazos naturais situados na contorna das rías de Arousa, Pontevedra e Vigo.

A directora xeral explicou que esta acción "ten por finalidade a contención destas especies fóra dos espazos naturais costeiros para evitar a degradación de hábitats e favorecer a conservación da flora ameazada". 

As principais zonas de actuación serán, dentro da provincia de Pontevedra, o Complexo Ons-O Grove, a Praia Major, en Sanxenxo; en Cabo Udra e Costa da Vela.