Guerra contra as especies exóticas invasoras en Baltar

Sanxenxo
17 de abril 2018

Preto de corenta alumnos do IES Sanxenxo participaron este martes nunha actividade para eliminar as especies exóticas invasoras no ámbito de Baltar (Portonovo). A xornada estivo organizada polo Colectivo Ecoloxista do Salnés

Retirada de plantas invasoras en Baltar
Retirada de plantas invasoras en Baltar / Concello de Sanxenxo

Preto de corenta alumnos do IES Sanxenxo participaron este martes nunha actividade para eliminar as especies exóticas invasoras no ámbito de Baltar (Portonovo).

A xornada, organizada polo Colectivo Ecoloxista do Salnés, contou coa colaboración da concellería de Medio Ambiente do municipio.

Nos últimos anos, este colectivo leva a cabo varias campañas anuais para a eliminación destas especies exóticas. O Concello, pola súa parte, colabora aportando ferramentas e xestionando a eliminación das plantas arrincadas

Os alumnos participaron nesta actividade práctica logo dunhas sesións de formación teórica que tiveron lugar nas aulas. 

Este programa ten como finalidade, ademais de eliminar estas especies, fomentar e sensibilizar na protección do medio ambiente aos escolares do municipio.