A Xunta prevé instalar un novo transformador en Valdecorvos para reforzar o servizo eléctrico da zona

Pontevedra
17 de setembro 2022

A empresa pública Xestur investirá preto de 124.000 euros na súa construción, plantexada ante as novas vivendas proxectadas no barrio, a maioría de protección oificial

Vivendas de protección autonómica en Valdecorvos
Vivendas de protección autonómica en Valdecorvos / Diego Torrado

A zona residencial de Valdecorvos contará cun novo centro de transformación eléctrica e rede de baixa tensión.

A Xunta de Galicia investirá preto de 124.000 euros na súa construción, que pretende reforzar o servizo eléctrico ante as novas vivendas proxectadas na zona, a maioría vivendas de promoción pública (VPP).

En concrero a administración autonómica conta con dúas parcelas dispoñibles, que serán incluídas no próximo concurso de adxudicación de solo residencial. Trátase das parcelas 14 e 17, que permitirán a construción de 56 e 48 vivendas protexidas, respectivamente. 

Por outra banda, o Instituto Galego da Vivenda e Solo (IGVS) licitou o pasado mes de xullo, cun orzamento base de 646.692,79 euros, a redacción do proxecto de construción e a dirección de obra de 76 vivendas de promoción pública que construirá na parcela 16 de Valdecorvos.