A Xunta quere cambiar o criterio das saídas por franxas horarias

Pontevedra
05 de maio 2020

A Xunta defende que a limitación de saídas por franxas horarias se decida en función do número de habitantes dos núcleos de poboación

Alfonso Rueda, vicepresidente da Xunta
Alfonso Rueda, vicepresidente da Xunta / Xunta de Galicia

A Xunta defendeu este martes que a limitación por franxas horarias nas saídas ao exterior dos galegos debería fixarse de acordo ao número de habitantes por parroquias rurais e núcleos de poboación, e non por concellos. En base a esta proposta, as persoas con liberdade horaria pasarían de ser o 15% da poboación a algo máis do 47%.

Así se trasladou este martes durante a reunión do Centro de Coordinación Operativa (Cecop), que estivo presidida polo vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda. No Cecop participan tamén, ademais doutros departamentos da Xunta, a Delegación de Goberno e a Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp).

Ante a disparidade de criterios entre o Goberno central e a Xunta e entre diferentes comunidades, o Cecop trasladará unha consulta ao Ministerio de Sanidade.

Ademáis dáse por retomada a pesca fluvial e pesca marítima recreativa en todas as súas modalidades por entenderse que está incluída nas actividades físicas ao aire libre.

Tamén acordouse a reanudación da admisión de alumnado de segundo ciclo de Educación Infantil, de Educación Primaria, de Educación Secundaria Obrigatoria e de Bacharelato en centros docentes sostidos con fondos público.

O Centro de Coordinación Operativa tamén acordou permitir á Xunta a autorización temporal de equipos de protección individual (EPI), seguindo en todo momento a normativa marcada polo Ministerio de Industria, Comercio e Turismo. Deste xeito, a administración galega trata de axilizar o acceso ao material de protección que cumpre coas directrices estatais.

Por outra banda, aprobouse levantar a suspensión de realizar queimas nos terreos rústicos a partir do vindeiro 11 de maio e autorizouse un paquete de medidas para favorecer novas implantacións empresariais en Galicia.