A Xunta realiza con persoal voluntario a limpeza da área arqueolóxica de Campo Lameiro

Umia
03 de decembro 2019

As persoas voluntarias levaron a cabo a limpeza de canalizacións, fontes e acumulación de restrollos no Parque de Arte Rupestre de Campo Lameiro

Voluntariado no Parque de Arte Rupestre de Campo Lameiro
Voluntariado no Parque de Arte Rupestre de Campo Lameiro / Xunta de Galicia

Persoal voluntario realizou labores de limpeza de canalizacións, fontes e acumulación de restrollos na zona arqueolóxica de Campo Lameiro. Este martes, Cristina Pichel, a directora  xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado visitaba aos participantes na actuación voluntaria impulsada pola Xunta no Parque de Arte Rupestre dentro da Semana do Voluntariado que se celebra con motivo da conmemoración do Día Internacional do Voluntariado.

Segundo a Xunta, esta actividade permitiu aos participantes coñecer de preto o valor cultural desta contorna. Durante esta semana do Voluntariado, a Consellería de Política Social impulsa distintas accións voluntarias cada día da semana.

O Día Internacional do Voluntariado realizarase un encontro entre os participantes galegos que realizaron actividades en Galicia, noutras comunidades ou no estranxeiro.