A Xunta resolveu o expediente administrativo no que sanciona á empresa responsable das verteduras nos montes de Saiar.
A multa alcanza a cifra de 12000 euros e a empresa ten a obrigación de repoñer e restaurar o monte.
Esta infracción sucedeu hai dous anos. O portavoz do BNG, Manuel Fariña, denunciara o atentado ambiental e tamén o agrediron por isto.
O portavoz do BNG comenta que está de acordo con que a Xunta obrigue a restaurar os montes e, explica que esta sanción é unha forma de frear as agresións aos espacios naturais e de respectar o medioambiente.
Manuel Fariña lembra que, en decembro de 2022, o SEPRONA volveu denunciar unha nova vertedura de entullos nos mesmos montes.