A Xunta sanciona unha empresa con 12.000 euros por verter entullos nos montes de Saiar

Umia
07 de marzo 2023

Esta infracción sucedeu hai dous anos. O portavoz do BNG, Manuel Fariña, denunciara o atentado ambiental e tamén o agrediron por istoa>  

Entullos en Saiar- Arquivo BNG de Caldas

A Xunta resolveu o expediente administrativo no que sanciona á empresa responsable das verteduras nos montes de Saiar.

A multa alcanza a cifra de 12000 euros e a empresa ten a obrigación de repoñer e restaurar o monte. 

Esta infracción sucedeu hai dous anos. O portavoz do BNG, Manuel Fariña, denunciara o atentado ambiental e tamén o agrediron por isto.

O portavoz do BNG comenta que está de acordo con que a Xunta obrigue a restaurar os montes e, explica que esta sanción é unha forma de frear as agresións aos espacios naturais e de respectar o medioambiente. 

Manuel Fariña lembra que, en decembro de 2022, o SEPRONA volveu denunciar unha nova vertedura de entullos nos mesmos montes.