A Xunta suma as prazas de abastos á campaña do día contra a violencia de xénero

Sanxenxo
20 de novembro 2018

A secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella, e a directora xeral de Comercio e Consumo, Sol Vázquez, participaron en Sanxenxo na presentación desta campaña

Presentación na Praza de Abastos de Sanxenxo da campaña da Xunta polo 25-N
Presentación na Praza de Abastos de Sanxenxo da campaña da Xunta polo 25-N / Xunta de Galicia

A secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella, e a directora xeral de Comercio e Consumo, Sol Vázquez, presentaron este martes en Sanxenxo a campaña da Xunta con motivo da conmemoración, o próximo 25 de novembro, do Día internacional contra a eliminación da violencia de xénero, á que a partir de agora se adhire a Federación de Prazas de Abastos de Galicia.

A administración autonómica puxo en valor esta nova adhesión, en tanto a federación aglutina un total de 13 prazas que constitúen un espazo fundamental de encontro a nivel local e que, polo tanto, suporán unha importante contribución á divulgación da campaña.

A través desta colaboración, as prazas disporán de material relacionado coa campaña institucional do 25 de novembro, que ten como mensaxe principal: "Fronte á violencia de xénero só cabe unha resposta. Sen ningún xénero de dúbida. NON".

Engade Pontevedra Viva como fonte preferida de Google de balde

Mantente informado coas últimas noticias de actualidade.

Activar agora