A Xunta ve unha "deslealdade institucional" non ser invitada á xuntanza pola A-57

Pontevedra
19 de setembro 2018

Ningún representante da Xunta de Galicia foi convocado ao cumio pola A-57 que hai unhas horas tiña lugar na Subdelegación do Goberno entre representantes do Ministerio de Fomento e os concellos de Barro e Pontevedra. Para o goberno galego, foi unha "deslealdade institucional" que o Goberno non os invitaran

Reunión de Cores Tourís con veciños de Curro
Reunión de Cores Tourís con veciños de Curro / Xunta de Galicia

Ningún representante da Xunta de Galicia foi convocado ao cumio pola A-57 que hai unhas horas tiña lugar na Subdelegación do Goberno entre representantes do Ministerio de Fomento e os concellos de Barro e Pontevedra. Para o goberno galego, foi unha "deslealdade institucional" que o Goberno non os invitaran.

O executivo central, segundo a Xunta, ignorou o "manifesto interese" do goberno galego, reiterado polo delegado territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, quen lle solicitou recentemente unha xuntanza para abordar este asunto á subdelegada do Goberno na provincia.

A ese respecto, o goberno galego recorda que manifestou "de forma reiterada" ao Ministerio de Fomento a súa aposta por unha alternativa de trazado de menor impacto social e territorial para o treito Pilarteiros-Curro da autovía A-57. 

Por ese motivo, a Xunta demanda que o Goberno de España aposte polo diálogo e informe á Xunta de Galicia de calquera novidade que se produza ao respecto.

Engade Pontevedra Viva como fonte preferida de Google de balde

Mantente informado coas últimas noticias de actualidade.

Activar agora
Arquivado en