A Zona Monumental celebra a festa fin de curso

Pontevedra
19 de xuño 2024

O Centro Comercial Urbano Zona Monumental celebra a "Gran Festa Fin de Cole" este venres 21 de xuño, de 16.30 a 20.30 horas

Gran festa de fin de cole organizada por Zona Monumental
Gran festa de fin de cole organizada por Zona Monumental / Mónica Patxot

O Centro Comercial Urbano Zona Monumental celebra a "Gran Festa Fin de Cole" este venres 21 de xuño, de 16.30 a 20.30 horas.

O público infantil poderá participar nas actividades repartidas por distintas prazas.

Así, na de Curros Enríquez haberá un taller mural de reciclaxe e rocódromo de 8 metros. Na Praza de Méndez Núñez instalarase o Pinta caras e unha ludoteca creativa.

Tamén haberá actividades na Praza de Valentín García Escudeiro cun taller creativo.

Na rúa Sierra estará instalado un tobogán inchable.

E para finalizar, a divertida festa da escuma, ás 19.30 horas na Praza da Pedreira (Mugartegui).

Engade Pontevedra Viva como fonte preferida de Google de balde

Mantente informado coas últimas noticias de actualidade.

Activar agora