Novo recoñecemento para Abelardo Martínez e a súa figura o 'Poli Paco', coa que leva anos concienciando sobre a importancia da seguridade viaria.
O policía local de Sanxenxo recolleu a Medalla de Ouro en Seguridade Viaria outorgada na 5ª Convención Nacional das Policías Locais sobre Mobilidade e Seguridade Viaria.
A convención reuniu a preto de 150 xefes, mandos e especialistas das policías locais de toda España.
O premio foille concedido pola súa traxectoria profesional de compromiso coa seguridade viaria a través de distintos programas e actividades desenvolvidas en Sanxenxo.
Cabe destacar que recentemente Abelardo Martínez xa recibiu a medalla de ouro en educación viaria no maior congreso internacional sobre mobilidade sostible, celebrado en Madrid, a Global Mobility Call.
Ademais a súa marioneta 'Poli Paco' saltou tamén aos libros cunha tirada de 2.000 exemplares editada polo Concello de Sanxenxo.
Tras iniciar a súa traxectoria impartindo formación en seguridade viaria en 2008, Abelardo Martínez creou á súa recoñecida marioneta en 2012, monicreque ao que seguiron outros como Ero o Bombeiro, o Avó Nicolás e a Poli Lola.
Con eles buscaba a forma achegarse aos escolares.
Un traballo que foi merecedor de diversos premios como a medalla á seguridade viaria de Fesvial, o Premio RACE de Educación Viaria ou o galardón Ponle Freno.