Aberta a cita previa para o servizo de coidados porta a porta en Marín do 13 ao 16 de novembro

Marín
02 de novembro 2023

Esta iniciativa da Consellería de Política Social da Xunta de Galicia achega servizos asistenciais ás persoas maiores para previr a dependencia, ofrecendo estimulación de memoria, podoloxía e audioloxía

Unidade móbil do servizo de "Coidados Porta a porta"
Unidade móbil do servizo de "Coidados Porta a porta"

A caravana de Coidados Porta a Porta chegará a Marín entre o 13 e o 16 de novembro e xa está aberto o prazo para solicitar cita previa para poder participar.

Para poder desfrutar deste servizo gratuíto e público, pódese pedir cita previa nos teléfonos 622748283 e 623546992 ou no correo electrónico [email protected].

Esta iniciativa da Consellería de Política Social da Xunta de Galicia achega servizos asistenciais ás persoas maiores para previr a dependencia, ofrecendo estimulación de memoria, podoloxía e audioloxía.

Neste servizo incluirase estimulación cognitiva e funcional, prevención da dependencia mediante hábitos de vida saudables e promoción do envellecemento activo.

No que respecta á podoloxía, pasarase unha consulta básica, ofrecerase corte e limpeza de unllas, eliminación de durezas, calosidades e helomas, así como unha valoración do estado xeral do pé.

En canto a audioloxía, tamén se ofrecerá unha consulta básica, a exploración funcional da audición e a prevención da perda auditiva