Aberta a inscrición para fomentar o espírito montuno nos parques forestais

Pontevedra
24 de xuño 2021

Entre as actividades está previsto o visionado nocturno de estrelas, rutas en bicicleta, xeolocalización, obradoiros de creación artística, observación de aves ou coñecemento da infraestrutura hidráulica do encoro de Pontillón do Castro a través dos técnicos de Viaqua.

Observación de estrelas
Observación de estrelas

Os tres parques periurbanos de Pontevedra: Pontillón  do Castro, A Fracha e Tomba son os escenarios escollidos pola concellería de Montes para desenvolver actividades gratuítas para fomentar o "espírito  montuno" daquelas persoas que queiran coñecer detalles destes espazos de gran riqueza natural.

Neste programa contémplanse talleres de creación artística, visionado de estrelas, observación de aves, roteiros en bicicleta e accións de orientación nocturna. Ademais, tamén se proxectan visitas ás instalacións hidráulicas do encoro do Pontillón do Castro, con explicacións sobre o funcionamento a través do persoal de Viaqua.

Estas actividades son para público familiar coa intención de que participen tanto menores como adultos. É necesario inscribirse previamente porque as prazas limitadas e pódese realizar a través da páxina dos parques forestais ou da páxina web do Concello.

As opcións que se ofertan son as seguintes:

Parque Forestal da Fracha

- Obradoiros de creación artística sobre arte e natureza
• Datas: 26 xuño, e 24 e 31 de xullo 
• Horario: 11.30 h
• Duración: 1,5 horas
• Idades: a partir de 8 anos
• Prazas: 12 nenos e nenas

- Observación de aves forestais. Xornada de coñecementos da aves a través da súa observación e escoita. Percorrerase a un ritmo moi baixo os camiños do parque forestal para ir identificando sen ningunha presa todas as aves que se vaian detectando.
• Datas: 26 de xuño, e 10 e 17 xullo
• Horario: 09.00 h
• Duración: 2,5 horas
• Idades: a partir de 18 anos
• Prazas: 12 persoas
- Bicicleando. Roteiro guiado en bicicleta de montaña pola ruta laranxa do parque forestal da Fracha. Cunha lonxitude de 10,8 km e 360 m de desnivel positivo acumulado.
• Data: 27 de xuño
• Horario: 11.00 h
• Duración: 2,5 horas
• Idades: a partir de 12 anos. Todos os menores deber asistir acompañados dunha persoa adulta responsable.
• Prazas: 30 persoas

- Orientación nocturna. A orientación é unha actividade onde se combina o deporte, a aventura, o aire libre e a natureza. Actividade que se pode levar a cabo por calquera persoa coa finalidade de pasar un día agradable e san
• Data: 16 de xullo
• Horario: 22.00 h
• Duración: 2,5 horas
• Idades: a partir de 18 anos
• Prazas: 26 persoas

Parque forestal da Tomba

- Natureza e creatividade. A actividade natureza e creatividade consistente nunha acción artística efémera próxima ao land art que poñerá de manifesto a relación que se da entre as árbores.
• Datas: 3, 10 e 16 de xullo
• Horario: 11.00 h
• Duración: 1,50 h
• Idades: 7 a 12 anos
• Prazas: 8 nenos/nenas

- Buscando o norte. A orientación con mapa é unha actividade moi divertida e completa que une o deporte coa natureza. Consiste en atopar unha serie de baliza.
• Datas: 4, 11 e 18 de xullo
• Horario: 10. 30 h
• Duración: 3 horas
• Idades: a partir de 8 anos

• Prazas: 20 persoas

- Mar de estrelas. Trátase dunha actividade de divulgación astronómica no exterior. A actividade estará composta por unha observación astronómica, empregando telescopios e simple vista, máis unha explicación do que se pode observar no ceo e unha explicación sobre os planetas e o sistema solar con maquetas.
• Datas: 2, 9 e 16 de xullo
• Lugar: A Tomba. Miradoiro do Torreiro
• Horario: 23.00 h
• Duración: 2 horas
• Idades: maiores de 18 anos
• Prazas: 20 persoas

Parque forestal do Pontillón

- A procura do tesouro. Ganas de aventura na natureza e un smartphone é todo o que se necesita para practicar o Geocaching, a versión dixitalmente asistida do clásico xogo da procura do tesouro, ideal para practicar en familia.
• Datas: 3, 10 e 24 de xullo
• Horario: 10.30 h
• Duración: 3 horas
• Idades: a partir de 8 anos
• Prazas: 20 persoas

- Na boca do encoro. Visita ás instalacións hidráulicas do Encoro de Pontillón do Castro.
• Datas: 31 de xullo
• Idades: a partir de 18 anos

- Como é a auga?
• Datas: 17, 24 e 31 de xullo