Aberto o prazo para inscribirse no primeiro doutorado do campus sobre cambio climático, enfermidades e retos educativos

Pontevedra
06 de febreiro 2020

Desde este xoves 6 ata o 10 de febreiro está aberto o prazo de matrícula para este doutorado que leva por título 'Creatividade e innovación social e sustentable' onde converxen ata seis áreas de investigación e que contará con 140 docentes e investigadores

Campus de Pontevedra
Campus de Pontevedra

Este xoves ábrese o prazo para aquelas persoas interesadas en matricularse no doutoramento 'Creatividade e innovación social e sustentable' que se desenvolve no campus de especialización de Pontevedra, Campus CREA S2i. A inscrición permanecerá aberta ata o luns 10 de febreiro.

Trátase do primeiro título no que coinciden todos os ensinos do campus ao redor da creatividade e da innovación. Baixo a idea de propiciar unha investigación orixinal e internacional, segundo explica a coordinadora do doutoramento Ana Belén Fernández.

O alumnado aprenderá a desenvolver proxectos de investigación tratando temas como a saúde; os recursos naturais; o deseño e a innovación social; comunicación; educación e gobernanza, centrándose en aspectos de actualidade como o cambio climático, as enfermidades ou os retos no sistema educativo.

140 docentes e investigadores tanto da Universidade de Vigo como doutras institucións nacionais e internacionais participarán neste programa para o que só se ofertan 20 prazas.

Pódese solicitar máis información a través do correo electrónico: [email protected] ou formalizar a matrícula a través desta ligazón