Aberto o prazo para reservar no proxecto formativo do Carlos Oroza no Mercado de Abastos

Pontevedra
11 de marzo 2024
Actualizado: 30 de setembro

Nesta ocasión, cinco grupos ofrecerán abertamente as súas propostas cun aforo máximo de 35 persoas

Ensaio gastronómico do Carlos Oroza no mercado
Ensaio gastronómico do Carlos Oroza no mercado / Cristina Saiz

O Mercado de Pontevedra acolle a partir do martes, 12 de marzo a segunda parte do proxecto que promove a Concellaría de Promoción económica, que dirixe Anabel Gulías, e o CIPF Carlos Oroza convertendo a primeira planta da praza nun espazo formativo. 

Nesta ocasión, cinco grupos ofrecerán abertamente as súas propostas cun aforo máximo de 35 persoas.

Os cinco equipos de traballo e as datas de actuación de cada un deles son as seguintes: O martes 12 de marzo: Restaurante Casa do monte, o mércores 13 de marzo: Tapería Morriña da terra; o xoves 14 de marzo: Tapería ZenTolos, o venres 15 de marzo: Gastrobar Sete20 e o sábado 16 de marzo: Bocatería Priorities.

Tendo en conta que se trata dun proxecto educativo, as persoas que queiran participar nel poderán reservar (FAGA A SÚA RESERVA AQUÍ).