Abolicionistas piden que o goberno local adquira a Praza de Touros para convertila nun espazo multiusos

Pontevedra
02 de marzo 2019

Galicia, Mellor Sen Touradas reclama que o debate sobre as corridas de touros entre na precampaña electoral e que se siga a liña do goberno de Oviedo que investirá 250.000 euros en reconverter a súa praza de touros, un edificio declarado Ben de Interese Cultural, que pasará a acoller diversas actividades

Campaña de Galicia mellor sen Touradas Galicia mellor sen Touradas

A plataforma Galicia, Mellor sen Touradas reclama que o debate sobre as corridas de touros e o uso da praza pontevedresa entre na precampaña electoral. Unha vez máis, este colectivo critica que o goberno local de Miguel Anxo Fernández Lores manteña neste 2019 o acordo de aluguer do recinto situado na rúa Nostramo Lourido.

Nesta ocasión, esta organización pide que o goberno municipal siga a liña marcada polo de Oviedo, que anunciaba esta mesma semana un proxecto para  revoertir a súa praza de touros, un edificio considerado Ben de Interese Cultural e destinará 250.000 euros para convertela nun centro multiusos, destinado principalmente a grandes concertos e no que non está prevista a realización de eventos taurinos. 

A agrupación abolicionista entende que en Pontevedra debería alcanzarse unha negociación entre o goberno local e o actuais propietarios, que manteñen as instalacións sen uso durante a maior parte do ano.

Tamén expoñen a opción de expropiar porque Pontevedra carece dun espazo de similares características para actividades de lecer e culturais, que ademais tamén podería acoller un uso hostaleiro e hostaleiro, como sucede en Évora (Portugal) e  Zacatecas (México).