Abre o prazo para solicitar unha horta urbana en Monte Porreiro e na Parda

Pontevedra
12 de marzo 2019

As persoas interesadas nesta iniciativa da concellería de Medio Ambiente poderán solicitar a incorporación á lista a través do Rexistro Municipal (en papel ou electrónico) cubrindo o impreso

Horta urbana de Finca do Conde
Horta urbana de Finca do Conde / Mónica Patxot

Aquelas persoas que estean interesadas en optar a unha horta urbana en Monte Porreiro ou na Finca do Conde, na zona da Parda, poden inscribirse na lista de espera única que se vai a crear a través da concellería de Medio Ambiente en Pontevedra.

O pasado verán poñíase en marcha unha nova regulación dos hortos urbanos. Adxudicáronse 22 parcelas en Monte Porreiro e 37 na Finda do Conde por un prazo de dous anos. Despois de varios meses, algúns destes terreos quedaron baleiros e foron ocupados por persoas que se atopaban nas listas de espera. 

Neste momento xa non existe lista de espera en Monte Porreiro mentres que aínda hai algúns veciños na Finca do Conde. O Concello ten previsto crear unha lista única de espera para ambos os espazos respectando a solicitude inicial dos apuntados á lista da Finca do Conde.

As persoas que figuren na lista poderán cubrir as vacantes ou tamén ocupar parcelas de nova creación. Para inscribirse é necesario cubrir o impreso de solicitude no Rexistro Municipal, a través de papel ou en formato electrónico.