Absolta a muller que depositou na prisión da Lama un pantalón con cocaína

A Lama
21 de abril 2023

A Fiscalía solicitaba unha condena de dous anos de prisión e multa de 20 euros

Centro Penitenciario de A Lama
Centro Penitenciario de A Lama / Mónica Patxot

A sección cuarta da Audiencia Provincial de Pontevedra absolveu do delito contra a saúde pública do que estaba acusada a unha muller que depositou no centro penal da Lama un pantalón de chándal entre cuxas costuras se atoparon dous envoltorios de plástico que contiñan 0,182 gramos de cocaína. 

O tribunal destaca que "non consta nin grao de riqueza nin valor da cocaína que foi intervida polos funcionarios de prisións".

As maxistradas da sección cuarta salientan na súa sentenza que é “criterio consolidado na xurisprudencia do Tribunal Supremo” que, nos casos nos que a cantidade de cocaína intervida é tan reducida que non pode establecerse a súa pureza, "non pode afirmarse que a substancia ocupada constitúa o obxecto típico da acción punible". 

A Fiscalía solicitaba unha condena de dous anos de prisión e multa de 20 euros.

O xuízo celebrouse este martes 18 de abril. Contra o fallo cabe presentar recurso.