O accidente dun camión en Portas causa importantes retencións na AP-9

Umia
16 de outubro 2025

Tras rebentar unha das rodas do camión, o condutor perdeu o control e precipitouse contra a varanda. O impacto non causou feridos, pero parte da carga quedou sobre a calzada

Accidente dun camión na AP-9, en Portas
Accidente dun camión na AP-9, en Portas / PontevedraViva

Non foi unha tarde tranquila na autoestrada AP-9. O accidente que sufriu un camión, tras o rebentón dunha das súas rodas, complicou moito a circulación.

O suceso rexistrouse minutos despois das cinco e media da tarde.

Foi no quilómetro 114 da autoestrada, segundo indicaron os servizos de emerxencia.

Tras rebentar unha das rodas do camión, o condutor perdeu o control do vehículo e precipitouse contra a varanda.

O impacto non causou feridos, aínda que parte da carga quedou sobre a calzada.

O accidente obrigou a cortar totalmente a AP-9 en sentido sur Santiago-Pontevedra, mentres que en sentido contrario quedou inutilizado un dos carrís.

Ante esta situación, a Garda Civil de Tráfico viuse obrigado a regular a circulación, que foi derivada temporalmente pola estación de servizo do Salnés.

Ademas, persoal de mantemento de Audasa acudiu até o lugar para devolver a vía ao seu estado habitual e restablecer a normalidade.