Triste suceso nunha fábrica de conservas situada en Ribadumia.
Un traballador perdeu a vida nun accidente laboral acontecido este venres 28 de febreiro nas instalacións da conserveira, no pológono industrial desta localidade.
Segundo informa o Centro de Atención de Eemergencias 112 Galicia o operario faleceu ao quedar atrapado nunha máquina.
O 112 recibiu a chamada de alerta ás 13.10 horas da tarde.
Solicitaba asistencia urxente para o traballador, que se atopaba atrapado nun transelevador.
A pesar da rápida intervención dos equipos de emerxencia, non puideron facer nada por salvalo, só podendo confirmar o seu falecemento.
Os bombeiros encargáronse das tarefas de liberación da vítima.
No operativo de emerxencia participaron efectivos de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, a Garda Civil, os Bombeiros e voluntarios de Protección Civil de Ribadumia.