Un accidente en Ribadumia deixa unha muller ferida con dor cervical e queimaduras

O Salnés
19 de marzo 2026
Actualizado: 16:56

A condutora, de 50 anos e veciña de Moraña, foi atendida no lugar do sinistro e posteriormente evacuada a un centro hospitalario

Accidente de tráfico en Ribadumia Servizos de Emerxencias

Unha muller resultou ferida nun accidente de tráfico rexistrado na rúa Carballeira, no municipio de Ribadumia, no que interviron os servizos de emerxencias do Concello de Cambados.

Segundo a información facilitada, a condutora, de 50 anos e veciña de Moraña, foi atendida no lugar do sinistro e posteriormente evacuada a un centro hospitalario.

A vítima presentaba dor cervical e lesións no brazo esquerdo causadas pola activación do airbag do vehículo.

Ata o punto do accidente desprazáronse efectivos do Servizo de Emerxencias de Cambados, que prestaron a primeira atención e coordinaron as actuacións iniciais.

No operativo tamén participaron Protección Civil de Ribadumia, a Garda Civil de Tráfico e unha ambulancia do 061, encargada do traslado da ferida ao hospital.

As causas do accidente non trascenderon polo momento e serán obxecto de análise por parte das autoridades competentes.

O suceso obrigou a mobilizar un amplo dispositivo de emerxencias para garantir a asistencia á condutora e a seguridade na vía.