A Sección Segunda da Audiencia Provincial de Pontevedra condenou en conformidade a dous anos de prisión a un home acusado de violar a unha menor.
Ademais da pena de prisión, impóñenselle dez anos de liberdade vixiada tras cumprir a súa condena e a prohibición de comunicarse coa vítima ou aproximarse a ela, ao seu domicilio, lugar de traballo, centro de estudos e calquera lugar no que esta se atope.
Este afastamento sería dun mínimo de 150 metros durante 18 anos.
O xuízo estaba sinalado para este martes pero na xornada previa as partes alcanzaron un acordo de conformidade o que evitou que hoxe se celebrase a vista oral.
En virtude deste pacto entre a Fiscalía e a defensa, o acusado aceptou unha condena de dous anos de cárcere por un delito de agresión sexual con penetración, o que supón unha rebaixa fronte aos 8 anos de prisión que inicialmente solicitaba o representante do Ministerio Público.
Neste acordo tivéronse en conta as atenuantes de dilacións indebidas e o grao de madurez e desenvolvemento psicolóxico do procesado que era moi próximo ao da menor.
Os feitos tiveron lugar en 2018, foron instruídos por un xulgado de Cambados.
Engade Pontevedra Viva como fonte preferida de Google de balde
Mantente informado coas últimas noticias de actualidade.