Acertar que cidade era a desta imaxe tivo premio en "Saber y Ganar"

Pontevedra
12 de maio 2022

Unha cidade "que ten historia e arte". Unha localidade turística "con sabor a mar". Esas foron as pistas sobre Pontevedra que o concurso Saber y Ganar, que emite a diario La 2 de TVE, deu aos seus participantes nun reto no que debían saber de que lugar estaban a falar

Pista sobre Pontevedra en "Saber y Ganar"
Pista sobre Pontevedra en "Saber y Ganar" / TVE

Unha cidade "que ten historia e arte". Unha localidade turística "con sabor a mar". Esas foron as pistas que o concurso Saber y Ganar, que emite a diario La 2 de TVE, deu aos seus participantes nun reto no que debían saber de que lugar estaban a falar.

No programa que o concurso presentado por Jordi Hurtado emitiu este mércores, acertar que se trataba de Pontevedra tiña premio

Para axudar aos concursantes, mostráronselles dúas imaxes. O conxunto escultórico do faladoiro, na Praza de San Xosé; e unha instantánea do mercado de abastos, na que unha das vendedoras exhibía unhas centolas.

Un dos "sabios" deste concurso, Jorge, acertou o reto á primeira. "Es Pontevedra", dixo tras ser animado polo presentador para dar unha resposta. "He estado en ella y creo que pasé por donde está la escultura", engadiu.

Tras confirmarlle que acertara, desde o programa explicaron a orixe deste conxunto escultórico, destacando que aparecen neles intelectuais como Castelao, Manuel Quiroga ou Ramón Cabanillas; e encomiando a "calidade excelente" dos produtos do mercado.

"Recomendamos que visiten Pontevedra", afirmou Jordi Hurtado, ao que o concursante que acertou este reto engadiu que "é unha cidade con moito encanto".