Achega de 25.000 euros da Xunta para a contratación dun técnico de orientación laboral en Cuntis e Caldas

Umia
12 de agosto 2021

Este servizo vai permanecer con sede no Centro de Formación Ocupacional da Ran, no municipio de Cuntis. A contratación deste persoal terá un ano de duración

Centro Formación Ocupacional da Ran
Centro Formación Ocupacional da Ran /

A Consellería de Economía, Emprego e Industria, que dirixe o conselleiro Francisco Conde, anunciou ao Concello de Cuntis a concesión dunha axuda económica de 25.000 euros para que se contrate a persoal técnico de orientación laboral durante doce meses.

Este servizo terá a súa sede no Centro de Formación Ocupacional da Ran no municipio de Cuntis, desde onde se coordinará a actividade tanto para este Concello como para o de Caldas de Reis.

O alcalde de Cuntis, Manuel Campos, móstrase satisfeito por esta concesión e sinala que a xestión demostra o interese do grupo de goberno por manter un servizo esencial nestes momentos para a poboación da zona.

Desde o goberno local tamén se indica que este servizo apostará pola formación e polo desenvolvemento de propostas de traballo continuo desde este centro de formación ocupacional.