Achegamento á metodoloxía Montessori da man do programa Apego

Pontevedra
16 de novembro 2016

Axúdame a expresarme! é a proposta que fai o programa Apego para este xoves, 17 de novembro, ás 18.30 horas. A cita é na Casa da Luz. Trátase dun sobre materiais e actividades Montessori para o desenvolvemento da expresión oral; con Sara Pena, de Rachachán

Sesión de Encontros familiares creativos
Sesión de Encontros familiares creativos / Mónica Patxot

Axúdame a expresarme! é a proposta que fai o programa Apego para este xoves, 17 de novembro, ás 18.30 horas. A cita é na Casa da Luz. Trátase dun sobre materiais e actividades Montessori para o desenvolvemento da expresión oral; con Sara Pena, de Rachachán.

Neste obradoiro realizarase unha aproximación ao desenvolvemento da linguaxe nos primeiros anos de vida. Desde a perspectiva da teoría Montessori, as persoas participantes coñecerán as diferentes etapas na adquisición da linguaxe polas que pasan os nenos; achegaranse a prácticas e actitudes coas que os adultos poden axudar o desenvolvemento da linguaxe e practicarán algunhas actividades Montessori que facilitan o desenvolvemento da linguaxe durante a crianza.

A Concellaría de Normalización Lingüística do Concello de Pontevedra desenvolve o programa Apego durante os meses de outubro e novembro. Son actividades dirixidas a familias con nenos de 0 a 6 anos ou que están en agarda. 

As actividades acheganlles aos adultos recursos como cantos de arrolo, recitados, xogos de dedos, contos rimados... para que despois poidan poñelos en práctica na casa, e así arrequecer a lingua galega coa que se comunican, xogan e lles aprenden aos máis pequenos.