Roi Fernández, director de Augas de Galicia, e Xosé Manuel Fernández Abraldes, alcalde de Barro, mantiñan este martes un encontro en Santiago de Compostela.
Durante a reunión tratouse a posibilidade de acometer a creación dunha nova Estación Depuradora de Augas Residuais (EDAR) no municipio.
O Concello de Barro presentaba un proxecto para esta nova infraestrutura. Trátase dun documento que permanece en proceso de revisión por parte do equipo técnico de Augas de Galicia.
Ademais, durante a entrevista, estudáronse as fórmulas de financiamento para acometer esta obra. O investimento previsto superaría os 2,6 millóns de euros.
Desde a Xunta indican que continuarán prestando o seu apoio técnico e económico aos municipios para que poidan exercer as súas competencias en materia de saneamento e abastecemento de auga do modo máis eficiente co obxectivo de prestar servizos de calidade aos residentes.
Engade Pontevedra Viva como fonte preferida de Google de balde
Mantente informado coas últimas noticias de actualidade.