Activan de novo o sistema de aparcamento de servizos en Pontevedra ante a desescalada

Pontevedra
15 de maio 2020

Tras varias semanas nas que o tráfico baixou ao mínimo, cunha redución de ata un 90% segundo os informes da Policía Local, a desescalada contribuíu a que os desprazamentos en coche aumentaran. Por iso, o Concello activará de novos os estacionamentos de servizos

Rúa Eduardo Pondal, Pontevedra
Rúa Eduardo Pondal, Pontevedra / Diego Torrado

Tras varias semanas nas que o tráfico baixou ao mínimo, cunha redución de ata un 90% segundo os informes da Policía Local, a desescalada contribuíu a que os desprazamentos en coche aumentaran. Por iso, o Concello activará de novos os estacionamentos de servizos.

Os aforadores instalados pola Policía Local xa confirmaron unha subida da afluencia acadando cifras medias do 70% do tráfico habitual en zonas como San Roque ou José Malvar e chegando ao 80% noutras como Eduardo Pondal.

Esta volta a unha certa normalidade fai que o goberno municipal considere axeitado retomar o sistema de aparcamento para primar a actividade económica na cidade.

Unha vez que abriu unha parte importante dos comercios, o Concello entende que se require o uso destas prazas de aparcamento tanto para servizos como para carga e descarga.

No momento máis crítico da pandemia, o goberno municipal permitiu o uso dos estacionamentos de servizos das inmediacións dos centros sanitarios para o persoal dos centros sanitarios.

Unha vez que a cidade vai collendo pulso e volvendo ao seu ritmo normal, o Concello volve a poñer en marcha o réxime habitual destes estacionamentos, levantando os permisos específicos outorgados en semanas pasadas.

Esta medida porase en marcha a partir do vindeiro luns 18 de maio.