A Parda prepárase para celebrar a súa Festa da Primavera cunha xornada lúdica e familiar que terá lugar o sábado 10 de maio no Parque Damián.
O evento, organizado pola Asociación de Profesionais e Pequenas Empresas da Parda (APEP), ofrecerá inchables, xogos, música en directo e food trucks.
O obxectivo desta nova edición é combinar actividades de lecer para todas as idades cunha campaña de dinamización comercial nos negocios do barrio cun programa repleto de propostas gratuítas e abertas a todo a veciñanza.
A festa arrincará o venres 9 de maio ás 19:00 no mesmo Parque Damián, cunha actuación musical do alumnado do Conservatorio Profesional de Música (CMUS).
Continuará o sábado con xogos tradicionais (de 12:00 a 14:00), un escape-room e un mural colaborativo de primavera (de 16:00 a 20:00), inchables e un unicornio mecánico (de 16:00 a 21:00), pintacaras (de 18:00 a 19:30) e contacontos en inglés para o público infantil (de 18:30 a 19:30).
A música chegará da man de DJ Universe, que porá o broche final á festa de 21:00 a 00:30.
Ademais, durante todo o día haberá food trucks cunha variada oferta gastronómica e a animación correrá a cargo de Os Faíscas do Lérez.
Desde a APEP destacan que a Festa da Primavera naceu co propósito de impulsar a vida social e empresarial no barrio e apoiar o comercio local, ofrecendo á veciñanza actividades de calidade sen necesidade de saír da zona.
A asociación anima á cidadanía de Pontevedra a achegarse para gozar dun ambiente festivo e descubrir a oferta dos seus comercios, que durante as semanas previas participan nunha campaña de premios e sorteos para os seus clientes.